Club de Tendas

CLUB DE CLIENTES

O comercio local,
no teu peto

A tarxeta de fidelización é a tua ferramenta de aforro no comercio local. Con ela, podes acumular puntos polas compras que realizas no comercio de proximidade, e así conseguir descontos nas túas próximas compras.

Si xa formas parte do Club de Tendas podes acceder directamente dende aquí para consultar os teus puntos,etc.

Acceder á miña conta

Unha tarxeta,
múltiples vantaxes

Coa tarxeta de fidelización poderás acceder a importantes descontos sólo por consumir no comercio local. Poderás disfrutar de promocións en produtos específicos, establecementos, ofertas especiais...

Física ou virtual
¿Cal é a túa?

Se estás afeito vivir no mundo dixital e da internet rexístrache a través da nosa web e obtén as claves de acceso. Poderás acceder á túa conta a través da web e nosa APP e acumular puntos nas túas compras facilitando o teu número de teléfono de rexistro.

Se prefires unha tarxeta de plástico como as de toda a vida solicítaa na túa tenda asociada e ensínaa ao facer as túas compras. Igualmente poderás acceder á área privada da web e APP para consultar os teus puntos, pero deberás obter un contrasinal a través da opción " esquecín ou meu contrasinal" e facilitar un email no momento de alta da tarxeta

¿Como podes facerte do Club e
conseguir a túa tarxeta?

Consegue a tarjeta física en:

Establecementos asociados

Nas oficinas de Emgrobes

Consegue a tarjeta dixital en:

Na App oficial do Club

A través desta web

¿E como funciona?

Fai a túa compra e amosa a túa tarxeta (física ou virtual)

O establecemento carga na túa conta o saldo (euros) correspondente

En cada establecemento podes sumar saldo en euros para futuras compras

Utiliza o saldo acumulado comunicándollo á tenda no momento da compra